
Viveiro, 20 de abril de 2015.- O domingo celebrouse na cidade da Coruña, organizado pola Federación Galega de Atletismo o Campionato Galego de Maratón, cunha masiva participación xa que entraron en meta 1073 atletas de clubes de toda Galicia. Os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro fixéronse con 5 medallas, acadando na categoría femenina, en W55 o Campeonato Galego, Manuela Guisasola; a súa compañeira Isabel Brea foi prata na categoría W60. No apartado masculino: en M45 a prata foi para Ricardo Álvarez; o séu compañeiro en M50, Emilio Martinez tamén acadou a prata e Emilio Toral en M55 foi medalla de bronce.
Destacar tamén o alto nivel demostrado polos atletas do equipo viveirense ó acadar o terceiro posto de entre os 24 equipos participantes do Campionato Galego de Maratón.