Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACD Xove percorreu “O camiño dos faros” en Malpica

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXove, 15 de abril de 2015.- Este Domingo pasado dia 12 de Abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, desprazouse ata Malpica de Bergantiños (Costa da Morte) para facer a primeira etapa da Ruta denominada “O Camiño dos Faros”.

Despois de seren recibidos polo Tenente de Alcalde do Concello de Malpica, e sacar a foto de grupo no Punto Km. 0 desta gran Ruta, sairon dende o Porto de Malpica para chegar o Faro de Nariga.

A Ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte as Illas Sisargas, e percorre todo o litoral do Concello de Malpica.
O final de esta Ruta, foi no impresionante Faro Nariga. Un faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno deste Faro está cheo de maxia, pois existen grandes formacions rochosas, das mais variadas formas.

Exit mobile version