Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña viaxa ó Balneario de Cuntis

viaxe-mariñaA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes Galicia) está participando nunha viaxe ao Balneario de Cuntis, unha actividade na que partipan 36 persoas con enfermidade mental, de diversos Centros de Galicia, acompañados dos respectivos monitores.

A viaxe comezou este martes, cun planing de actividades moi interesante e o bo tempo que acompaña. Concretamente, ata o mércores disfrutarán das actividades propiamente ditas do balneario, o maior balneario de toda Galicia, xa que ademais da piscina terapéutica ten máis de 40 cabinas individuais de tratamento, con baños de hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, duchas circulares, entre outros servizos, e ademáis todos enmarcados nun entorno enmellorable , tal como se pode apreciar na fotografía.

Así mesmo, teñen prevista para o mércores, despois de volver a disfrutar do baño, unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, lugar que ofrece un conxunto moi heteroxéneo de actividades , que pretenden ofrecer contidos patrimoniais e experiencias de unha forma didáctica, lúdica e participativa.

Exit mobile version