Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar entrega os premios da cuarta edición dos campionatos de tute e parchís

tute-trasbarTrasbar, 28 de abril de 2015.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de entregar os trofeos dos IV Campionatos de tute e de parchís. O acto tivo lugar este sábado 25 de abril no local social de Trasbar, no transcurso dunha cea á que estaban convidadas todas as persoas que xogaron os campionatos.

No IV Campionato de tute participaron dez parellas. O campionato comezou no mes de outubro e rematou a finais de marzo, xa que este ano foi a ida e volta. As tres parellas con mellor puntuación levaron un trofeo e repartíronse do seguinte xeito: o terceiro premio para Abelardo Lestegás e Ramón Fanego (recolleu o premio o fillo); os segundos clasificados foron Manolo Otero e Suso Teijeira; os campións desta cuarta edición foron Manolo de Torres e Eladio Rúa.

Por outra banda, na cuarta edición do campionato de parchís, foron once as parellas que se inscribiron. As partidas comezaron no mes de xaneiro e remataron a finais de marzo. As parellas premiadas foron as seguintes: terceira parella clasificada, Cándida Díaz e Marina Díaz (recolle o premio Geni, a filla); segundas clasificadas, Elena Lamela e Fátima Lozano; os campións desta edición do parchís foron Miguel Díaz e María Díaz.

Dende Burgo de Trasbar agradecen a participación de todas as parellas que participaron nesta edición “e convidamos á xente a participar nos vindeiros campionatos, así como no resto das actividades que organizamos”.

Exit mobile version