Site icon Crónica3.com A Mariña

A avogada e actual portavoz municipal María Xosé Fernández encabeza unha lista do BNG en Trabada “na que a xente nova ten moito que dicir”

Trabada, 18 de abril de 2015.- A actual portavoz municipal do Bloque en Trabada, María Xosé Fernández encabezará a lista do BNG na localidade; na que os seis primeiros postos están ocupados por persoas menores de 40 anos. Segundo a actual portavoz municipal e candidata á alcaldía “é un xeito de demostrar que Trabada ten futuro, que a xente moza acredita no noso concello e está disposta a dar pasos adiante para sacalo do parálise no que se atopa tras perto de 40 anos de gobernos do Partido Popular.”

Os nacionalistas, que se presentan baixo a fórmula BNG-Asembleas Abertas, presentan unha candidatura formada por 7 persoas menores de 40 anos, 7 homes e catro mulleres das cales, 4 persoas son independentes.

“Presentamos unha candidatura capaz de sacar a Trabada dun desgoberno no que leva demasiado tempo, socialmente representativa de todas as parroquias e de todos os sectores”, afirma María Xosé Fernandez, que destaca que “o Bloque é garantía de seriedade e honradez, traballando por defender os intereses xerais e poñendo a representación municipal ao servizo da xente”.

Mocidade e experiencia ao servizo de Trabada
Despois da actual portavoz municipal, María Xosé Fernández, de 34 anos e licenciada en Dereito, integran a lista no segundo posto Xosé Manuel Pousada Barrera, de 39 anos, operario-condutor, actualmente no desemprego. No número tres irá Borxa Logares, de 27 anos e licenciado en Filoloxía galega e hispánica e no cuarto posto, Isabel Fernández, de 34 anos e licenciada en Economía.

A lista complétana Nelson García Braña, Xusto Fernández Fernández, Begoña Méndez Amor, Venancio Quinta Alonso, Fernando Gómez Oliveros (que foi concelleiro do BNG en Trabada entre o 2003 e o 2007), José Ángel Suárez Barcia e Mª Ilda Gómez Villarino.

“É unha candidatura que conxuga mocidade con ganas de traballar e avanzar no concello coa experiencia que aportan persoas que xa participaron noutras ocasións en candidaturas do BNG”, explica María Xosé Fernández. “Temos a lista máis capaz para sacar adiante un proxecto no que Trabada se sitúe no mapa dos concellos deste País e traballaremos para acadalo”, conclúe.

CANDIDATURA BNG-Asembleas Abertas TRABADA
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015

1. MARÍA XOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ 34 anos. Portavoz municipal en Trabada. Licenciada en dereito, conta cun máster en Dereito Administrativo Local e o Doutorado en Dereito Público . Avogada. Fórnea

2. XOSÉ MANUEL POUSADA BARRERA. 39 anos. Operario condutor. Actualmente desempregado. Vilapercide. Trabada.

3. BORXA LOGARES CARBAJALES. 27 anos. Licenciado en filoloxía galega e hispánica. Conta cun master en formación do profesorado. Vilarbetote. Sante.

4. Mª ISABEL FERNÁNDEZ REIGOSA. 34 anos Licenciada en Economía. Traballa como economista. Fórnea.

5. NELSON GARCÍA BRAÑA. 24 anos. Técnico de mantemento nunha multinacional. Trabada.

6. XUSTO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. 31 anos. Traballador dunha auxiliar de Alcoa. Fórnea.

7. BEGOÑA MENDEZ AMOR. Comercial autónoma. Ría de Abres.

8. VENANCIO QUINTA ALONSO. 52 anos. Operario en comercial agrícola, Trabadela. Sante.

9. FERNANDO GÓMEZ OLIVEROS. 55 anos. Gandeiro. Presidente da Comunidade de montes Monte Paleira. Valboa.

10. XOSÉ ÁNGEL SUÁREZ BARCIA. 50 anos. Licenciado en Filosofía. Traballador no SERGAS. Trabada.

11. Mª ILDA GÓMEZ VILLARINO. 65 anos. Carteira xubilada. Valboa.

Exit mobile version