Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca “El Viejo Pancho” de Ribadeo convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2015

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “EL VIEJO PANCHO” DE RIBADEO convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2015 (Fase Local), de acordo coas seguintes BASES:

1ª/ Poden participar tódolos nenos con:

-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema que se propón a continuación:
. “DA CIENCIA Á FICCIÓN”: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.

-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema que se propón a continuación:
. “DA CIENCIA Á FICCIÓN”: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.

2ª/ Cada autor pode presentar cantos traballos desexe. No reverso de cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor.

3ª/ Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.

4ª/ O prazo de presentación rematará o vindeiro 7 de maio, debendo ser entregados na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5ª/ O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6ª/ Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

7ª/ O fallo do xurado local farase público despois do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8ª/ Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9ª/ Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10ª/ A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

Exit mobile version