Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Emprego de Burela ofrece información e axuda para realizar os trámites do programa de fomento de emprego

Burela, 12 de abril de 2015.- O Concellería de Emprego ofrece información e axuda para realizar os trámites do programa de fomento de emprego e da economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo, que foi publicado no BOP o pasado 30 de marzo.

Dito programa vai dirixido ás pequenas empresas e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, así como asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro que reúnanos requisitos esixidos.

O número máximo de traballadores a solicitar por parte das pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís será de 1. Para o caso de asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro será de 2. Custos salariais imputables para os traballadores contratados durante 12 meses, considerándose gastos subvencionables os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social segundo o convenio colectivo, por cada persoa traballadora desempregada contratada. As entidades deberán asinar co/s traballador/es un contrato inicial en calquera modalidade prevista legalmente, por un período mínimo de 12 meses. Para todos os efectos este contrato rexerase polo lexislación laboral vixente.

Os beneficiari@s do programa serán desempregados, calquera que sexa súa idade, que estén empadroados na provincia de Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de abril. As persoas que precisen máis información sobre este programa poden atopalo na páxina web da Deputación de Lugo ou tamén poden achegarse ao departamento de Emprego do Concello de Burela.

Exit mobile version