Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aproba a adxudicación das obras de pavimentación e servizos entre a Peixería e a Praza de Juan Donapetry en Viveiro

A Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial de Lugo, celebrada este venres, aprobou a adxudicación definitiva da “Obra de pavimentación e servizos no tramo comprendido entre a Peixería e Praza de Juan Donapetry da LU-P-6605, que conta cun prazo de execución de 3 meses.

O tramo comprendido entre a Pescadería e a Praza Juan Donapetry da LU-P 6605, Viveiro, Lugo é un dos accesos principias do casco histórico e a intervención para a reposición do seu firme é necesaria polo seu estado de conservación, que viña causando problemas tanto para a circulación dos vehículos como para os peóns. Así mesmo, o uso constante e masivo dos edificios singulares existentes neste tramo -a Igrexa e o Convento de San Francisco ou a Praza de Abastos (BIC e Catalogado, respectivamente)- xeran a necesidade de actuar sobre este vial.

As obras previstas inclúen a substitución de todo o pavimento, formado por soleira de formigón, por outro máis resistente de pedra granítica similar á existente en todo o casco histórico; a disposición de mobiliario urbano e zonas verdes, que permitan mellorar a imaxe urbana do entorno e ao mesmo tempo dignificar o entorno destas construcións tan singulares; o soterramento do cableado eléctrico e de telecomunicacións, que neste momento discorrre grampado polas fachadas, afeando notablememente a imaxe tanto das edificacións como da devandita rúa; e o soterramento dos contenedores existentes, xa que na actualidade se atopan na superficie xerando unha degradación medioambiental de todo o entorno. No seu conxunto, a execución de ditas obras permitirá revitalizar e embelecer un dos lugares máis emblemáticos e concorridos de Viveiro.

Exit mobile version