Site icon Crónica3.com A Mariña

A lista do PP de Lourenzá renóvase nun 63% e conta con sete novas incorporacións

candidatura-pp-lourenzaLourenzá, 1 de abril de 2015.- Veciños, simpatizantes, representantes do Partido Popular tanto da provincia, como da comarca de A Mariña participaron esta tarde no acto de presentación da candidatura do PP de Lourenzá que deu a coñecer o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro.

Nun abarrotado salón de plenos da Casa Consistorial, José Manuel Barreiro animou á alcaldable e ao seu equipo a traballar duramente para seguir logrando os magníficos resultados acadados ata o de agora e continuar mantendo a un goberno popular ao fronte do municipio.

Barreiro cualificou a lista do PP de Lourenzá dun equipo serio e responsable, o axeitado, dixo, para que o municipio siga progresando como ata agora e tivo un especial recoñecemento para quen lidera esta candidatura, Emma Álvarez Chao, a quen definiu de persoa “traballadora, entregada e comprometida cos seus veciños”.

“Estamos ante unha lista de persoas xóvenes, cuxa media de idade oscila entre os 46 anos; equitativa, con 7 homes e 6 mulleres e renovada nun 63%. Conta con 7 novas incorporacións en relación a fai 4 anos e de 11 persoas, 5 figuran por primeira vez nunha candidatura”- explicou.

Pola súa banda, a alcaldesa e candidata, Emma Álvarez dixo sentirse rodeada de persoas boas e leais para iniciar esta nova etapa, que, aseverou, ten un triplo obxectivo. “Traballar para manter o Goberno do PP ao fronte do municipio, para mellorar o resultado e para contribuír a gañar a Deputación de Lugo que, nas mans de socialistas e nacionalistas están danando gravemente aos concellos do PP”.

A popular dixo que o seu equipo estaba formado de persoas que participaron activamente e de xeito altruísta en distintos sectores sociais do Concello, que demostraron en moitas ocasións antepoñer os intereses xerais ós persoais, persoas das que fan falta en política.

“Hoxe teño a honra de poder dicir que conto cos mellores candidatos, preséntome as eleccións de maio cunha lista de persoas nobres, unha lista nutrida de homes e mulleres con boas intencións, persoas que, estou segura, porque así o demostran día a día, van traballar polos demais e colaborar en proxectos que contribuirán a solventar os problemas dos nosos veciños”- salientou.

A alcaldable, quen aseverou que pertencer á familia do PP é unha honra pero encabezar a lista da agrupación local, un orgullo, recoñeceu que son tempos difíciles e que a xestión do Goberno Central non está sendo entendida nunha cidadanía que sufre os efectos da crise; malia a iso, mostrouse convencida de que ela e o seu equipo esforzarase para estar na rúa explicando as propostas populares, a xestión feita polo PP e demostrándolle aos veciños a realidade da situacións dadas e os feitos acadados.
Agradeceu a popular a asistencia de tódolos presentes e pediu colaboración para volver a gañar e seguir gobernando no municipio; “todos sumamos, todos facemos falta”- concluíu.

LISTA DA CANDIDATURA ELECTORAL DE LOURENZÁ
1- Emma Álvarez Chao
2.- Francisco Javier Rodríguez Barrera
3.- Josefa Rodríguez Lorenzo
4.- Pablo Maseda Fernández
5.- Mª Guadalupe Flórez Seivane
6.- Roberto Díaz Expósito
7.-Mariano Francisco De la Torre Galindo
8.- Mª José Lourido Centeno
9.- Alejandro Fernández Reigosa
10.- Lorena Maradona Gueimonde
11.- Mª José Sante García

1º Suplente.- Fe Rodríguez Rocha
2º Suplente.- Dino Vidal García
3º Suplente.- Antonio Reigosa Pedreira

Exit mobile version