Site icon Crónica3.com A Mariña

A mariñá Marisol Moreda incide na necesidade das axudas á investigación das enfermedades raras e a discapacidade coa súa nova novela ‘Un largo camino de rosas blancas’

A mariñá Marisol Moreda presenta en varias cidades españolas a súa nova novela Un largo camino de rosas blancas. Coa venda do libro a escritora recadará fondos para destinar á investigación de enfermidades raras e á discapacidade. Moreda, que reclama a necesidade de que calquera goberno destine máis axudas para este fin, dará a coñecer a súa novela en Foz e en Ribadeo o próximo mes de agosto.

A primeira presentación da nova novela de Marisol Moreda Un largo camino de rosas blancas terá lugar na Biblioteca Rexional da Comunidade Murciana o día 12 de maio ás 19.00 horas. A continuación o 13 de maio será a presentación na Biblioteca de Caravaca de la Cruz (Murcia) ás 19.30 horas.

Toledo e Madrid tamén acollerán senllas presentacións nas próximas semanas. En Foz haberá un acto o 3 de agosto na Casa da Cultura e o 5 de agosto en Ribadeo. Posteriormente Marisol Moreda asinará exemplares do seu libro en Sevilla, Vigo, Valencia e outras cidades, así como no Corte Inglés.

Con este libro Marisol Moreda recadará fondos para axudar á investigación de enfermidades raras e a discapacidades. Non fai moito foi nomeada Presidenta de Honor de Otro Mundo es Posible (www.ong-otromundoesposible.org), membro de FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras). O importe recadado farase público así como o destino dos fondos, sexan asociacións con poucos recursos e leste mesmo obxectivo ou familias concretas con problemas de discapacidade que acrediten a mesma.

Marisol Moreda agradece “de todo corazón a todos e todas os asistentes, a súa colaboración, así como ás diversas comunidades autonómicas ou provinciais a súa acollida e preocupación por facilitar a presentación, que resalta o fin que persegue este evento: a sensibilización sobre a discapacidade e as enfermidades raras, a necesidade da investigación destas enfermidades que sofren moitas familias do mar e de terra”.

Un largo camino de rosas blancas, é a historia dunha orfa nada na postguerra, que transcorre ata os nosos días. Sucesos ocorridos durante case 80 anos, onde algúns poderán verse reflectidos en maior ou menor medida. Unha novela escrita nun momento de crise onde convén recordar os esforzos pasados e os que teremos que seguir realizando. E é que a existencia ás veces, é difícil, ou moi difícil dependendo das circunstancias. Unha muller valente e pouco convencional. Unha historia de superación e de reflexión onde todo ten o seu por que.

Exit mobile version