Site icon Crónica3.com A Mariña

A ocupación hoteleira rolda o 90% en Burela

Burela, 2 de abril de 2015. A ocupación hoteleira de Burela rolda nestes momentos o 90% de media, segundo os datos que manexa o Concello.

O alcalde, José Mª González Barcia, cre que “algún dos vindeiros días chegará ao 100%”. O rexedor asegurou que “esta semana se limparon as praias, para que quen o desexe poida gozar delas, aínda que non é unha limpeza tan en profundidade coma no verán”.

Tanto este Xoves Santo coma este Venres Santo, hai varias visitas programadas ao barco museo Reina del Carmen, que abre en horario de mañá.

Exit mobile version