Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para presentar candidaturas aos III Premios #INLUGO

Lugo, 23 de abril de 2015.- Por terceiro ano consecutivo a Deputación de Lugo pon en marcha os Premios #INLUGO, cos que promociona e recoñece aquelas iniciativas, persoas ou organizacións da provincia de Lugo que están a destacar no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías en diferentes ámbitos.

Deste xeito, dende hoxe e ata o vindeiro 5 de maio ás 20:00 horas, está aberto o prazo para enviar as candidaturas para optar a estes galardóns, que se entregarán publicamente o 9 de maio no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO, como broche final ao mesmo.

Este foro gratuíto e para todos públicos que reunirá na capital lucense á elite de Internet, e ao que os interesados poden inscribirse a través das web www.deputacionlugo.gal ou www.inlugo.com, converterase así tamén nunha plataforma de promoción e de recoñecemento daquelas iniciativas, persoas ou organizacións da provincia pola relevancia que este congreso consegue tanto en redes sociais coma na web, co seguemento da retransmisión en streaming, posible grazas ao traballo da Fundación TIC.

As categorías que compoñen o certame son catro: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Social, e finalmente Tecnoloxía.

Procedemento dos Premios #INLUGO15
A partir de hoxe e ata o vindeiro 5 de maio estará aberto un proceso público durante o que se poderán presentar as candidaturas. Para iso só é necesario cubrir o formulario dispoñible en http://www.inlugo.com/premios-inlugo15/. Neste formulario haberá que achegar nome, teléfono de contacto, correo electrónico e o candidato/a proposto/a ao premio. Poden xuntarse aqueles documentos que se consideren para avalar os méritos da candidatura.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, un xurado formado por expertos da Deputación de Lugo será o encargado de valorar todas as candidaturas e elixir o gañador en cada unha das catro categorías.

Gañadores INLUGO14
Na pasada edición dos Premios INLUGO foron preto de 80 as candidaturas presentadas. Neste caso, as iniciativas galardoadas nas diferentes categorías foron:

Comercio, Ocio y Restauración: Mi Pequeño Vestidor
Educación y Formación: KARMAH | YOGA & MEDITACION www.karmayoga.es
Cultura e Social: COOL FILMS GALICIA www.coolfilmsgalicia.com
Tecnoloxía: VAMOS A VIDAS  www.vamosavidas.com

Exit mobile version