Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA-CCA Foz organiza unha charla sobre as novidades do IVE e o IRPF en colaboración co Concello e a Axencia Tributaria

Foz, 17 de abril de 2015. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia)- Centro Comercial Aberto (CCA), en colaboración co Concello de Foz e coa Agencia Tributaria, organizan unha charla dedicada a explicar as principais novidades do imposto sobre o valor engadido (IVE) e do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Correrá a cargo de dous responsables da Administración da Agencia Tributaria en Foz: o administrador, Mario Manuel Queipo Rodríguez, e a técnico Ana Isabel Fernández García. Será o día 23 deste mes, xoves, ás 20:15 horas no salón de actos da Casa da Cultura focense. O acto é aberto ao público en xeral.

Na charla os responsables da Agencia Tributaria farán especial referencia aos novos supostos de inversión do suxeito pasivo no IVE. Tamén realizarán unha aproximación a algúns aspectos relevantes do Imposto de Sociedades e á súa conexión con IRPF: rendementos obtidos polos socios dunha sociedade, sociedades civís, obrigas tributarias das asociacións, etcétera.

Exit mobile version