Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa amósase satisfeita co discorrer da pasada Semana Santa, con ocupación hoteleira de xoves a domingo do 100%

Ribadeo, 7 de abril de 2015.- Acisa fai un balance moi positivo da Semana Santa. A ocupación nos hoteis asociados foi do 100% de xoves a domingo e ata o mércores situouse entre o 50 e o 60%. Estes son os datos que a xerencia e a xunta directiva da asociación solicitaron nas últimas horas.

Dende Acisa sinalan que “se cubriron as expectativas do sector estes días. Esta Semana Santa foi mellor que a pasada. O tempo acompañou, tivemos máis reservas e houbo máis xente que escolleu Ribadeo para pasar os seus días de descanso e para coñecer de preto esta zona”.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo engade que “os restaurantes tamén traballaron moi ben durante esas xornadas. Non foi doado encontrar onde comer sen facer reservas previas e nalgúns momentos tamén houbo que esperar un pouco. Hoteis e restaurantes intentaron ofrecer, como sempre, o mellor de si mesmos”.

Dende Acisa móstranse satisfeitos “cos resultados económicos que a Semana Santa botou en Ribadeo”. Toca seguir traballando e preparándonos para as próximas pontes festivas e para o verán”.

Exit mobile version