Los Cantos viviu unha primeira parte moi equilibrada na que ambas as escuadras buscaban a meta rival. As burelistas dispuxeron de boas ocasións pero o desaxuste en finalización non lles permitiu abrir o marcador, algo que si puideron facer as locais, no minuto 13, nun rexeitamento que Andrea Feijoo puxo dentro dos paus.
Saíron as de Lucas moi ben no segundo tramo, con boas sensacións para dar a volta ao electrónico. Os minutos pasaban e as de Alcorcón aproveitaron para ampliar en dous contraataques, con Andrea Feijoo de novo como protagonista (minutos 34 e 35). Con 3-0, o Burela FS Pescados Rubén optou por Shio como porteira xogadora, pero chegou o 4-0 de Desiree, a porta baleira. Non baixaron os brazos as da Mariña e reduciu distancias, no 37, Claudia. O cadro laranxa intentouno ata a extenuación fronte á gardameta local, con perigo pero sen posibilidades de mover o definitivo 4-1.
Ficha técnica
AD Alcorcón FSF: Eva, Isa García, Leire, Anita Luján e Desiree (cinco inicial). Tamén xogaron Natalia Orive, Cris Llanos, Vadillos e Andrea Feijoo
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Maite, Claudia e Tainã.
Goles: 1-0, min. 13 Andrea Feijoo; 2-0, min. 34 Andrea Feijoo; 3-0, min. 35 Andrea Feijoo; 4-0, min. 37 Desirée; 4-1, min. 37 Claudia
Tarxetas: Por Alcorcón amarela a Natalia Orive.
Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón de Los Cantos.