Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Palomar fala na Mariña de “alimentación e cociña saudable”

Organizado pola Asociación de consumo ecolóxico KARRIKANTA e a Asociación AIRIÑOS do XUNCO de Cervo, coa colaboración do Concello de Cervo, durante o xoves 16 e o venres 17 de abril estará na Mariña o médico e divulgador sanitario D. Antonio Palomar para presentar e falar de “Alimentación intelixente e cociña saudable”. O xoves 16 presentará na Librería Bahía o libro do mesmo nome a partir das 20.30 horas e o venres 17, ás 19.00 horas, ofrecerá unha charla no salón de plenos do Concello de Cervo que rematará cunha cea.

Exit mobile version