Como un forma parte de esta tropa de traballadores da plastica que por segundo ano consecutivo participa no evento Quero reflexionar encol do mundo do creador e a súa obra.
O artista posúe dons para todos e organiza as súas facultades coa tendencia expansiva, cara á demostración pública dos seus descubrimentos estéticos que conlevan implícito a ética, desenvolvidos en soidade fecunda, para compartir desde eles a admiración colectiva. Non, cara á súa persoa human común, senón cara á obra creada e cara á personalidade creadora, que ata o momento da entrega artística permanecía secreda.
Porque toda manifestación significa unha xenerosidade de quen a manifesta. Unha dación, unha entrega gozosa xa que beleza ou bondade manifestada, son beleza ou bondade compartida. Aquel que como contemplador, recibe o valor e mézase da obra exposta, comparte o ben implícito nel. Que é lei fundamental que os sentimentos de cada cal diferentes e diferenciados a ninguén pertenzan e de todos sexan posuídos, non ben o individuo logre percibilos.
O creador busca a harmonía, a unidade mística nun todo concretado naobra, desde a pluralidade dos seus sentires intelectuais e sensibles. Unha infinita gama da emoción e do entendemento, o razoado e o intuído, pono en contacto con outra dimensión que desde a súa interioridade transpórtao a mundos novos descubertos no acto mesmo da creación. É unha sorte de maxia onde actúan a imaxinación, a fantasía, e toda un abanico de emocións: Angustia, alegría, frustracións, entusiasmo, para converxer nunha necesidade ineludible de mostrarse, en determinada e esixida personalidade. E só cando esa personalidade é totalmente respectada, rescatada e transferida auténticamente á creación, podemos dicir que estamos fronte a un estilo concreto, definido e propio.
A creación artística é un gozo. E cada creador sente ese gozo, maxia ou deslumbramento en forma diferente.
Otero Regal.