O rexedor explicou que “hoxe estanse a colocar no faro de Burela 60 esperas, que son unha especie de áncoras que se usan cando de retira formigón vello e se vai colocar formigón novo. Estes son os traballos previos para proceder á colocación dos moldes do faro e así comezar a fundilo”.
González Barcia indicou que “todo dependerá do tempo. Hoxe o estado da mar estivo moi ben. Pero a colocación dos moldes, que están no peirao, e o seu posterior fundido hai que programalos porque esta acción será realizada por un helicóptero. E o traballo deste aparato hai que programalo”.
O alcalde burelés dixo que “estes traballos previos confiamos en que conclúan a vindeira semana e a partir de aí, cando o tempo o permita, se empezarán a colocar os moldes e se empezarán a fundir”.
E insistiu en que “as obras dependen moito do estado da mar. Que estea ben estes días, estanos a permitir traballar sen problema”.