Site icon Crónica3.com A Mariña

Baobad achega ‘Martes’ a Viveiro

Martes é un espectáculo recomendado para nenos/as de 2-7 anos sobre a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa. Martes tenlle medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Algúns din que é fillo da lúa pero iso non o sabemos. Martes ten un amigo “Pin”, co que xoga sen parar. Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin, o seu amigo. Martes terá que enfrontarse ao seu propio medo para poder salvar ao seu amigo e as súas estrelas e para iso inicia unha viaxe, máis aló do sol. Baobad achega esta historia ó Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 18 de abril a partir das 18.00 horas.

Exit mobile version