Site icon Crónica3.com A Mariña

Bernardo Fraga reitera a proposta para a realización dun debate electoral entre todas as forzas políticas que se presentan ás eleccións municipais en Viveiro

Viveiro, 25 de abril de 2015. Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía de Viveiro polo BNG, reiterou este sábado, a proposta ás demais forzas políticas de Viveiro, para a realización dun debate electoral durante a campaña das eleccións municipais.

O nacionalista afirmou “logo de propoñer publicamente, o pasado sábado 18 de abril, ás demais candidaturas a realización dun debate electoral na vindeira campaña, ningunha delas respondeu á oferta realizada polo BNG”

“Entendemos que a forza da democracia, está no debate aberto, na confrontación de ideas e propostas para o presente e futuro de Viveiro, non entendemos este silencio das demais forzas e agardamos que a súa resposta sexa positiva, porque iso sería positivo para o conxunto das veciñas e veciños de Viveiro”

Dende o BNG, propoñen un debate con tódalas forzas políticas que se presentan ás Eleccións Municipais, un debate aberto, para o que non se pon ningunha condición previa, e que se celebraría nun dos locais electorais do Concello, durante a campaña e moderado por unha persoa de consenso entre as distintas forzas políticas.

Exit mobile version