Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro apoia en Foz a candidatura de Xaime Cancio cun proxecto “para recuperar a fortaleza deste municipio”

Foz, 24 de abril de 2015. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, respaldou este venres en Foz a candidatura encabezada por Xaime Cancio e manifestou que “chegou a hora de recuperar a fortaleza deste municipio despois de catro anos co Partido Popular”.

Cancio, pola súa parte, manifestou que “somos un equipo solvente e con capacidade para gañar, co obxectivo claro de loitar contra o desemprego e recuperar os servizos sociais perdidos co PP”.

O líder dos socialistas galegos chamou a “recuperar o pasado socialista deste concello, coa única prioridade de mellorar as condicións de vida dos veciños de Foz”. “Sabemos gobernar mellor os concellos, baixando a débeda sen reducir o público”, engadiu Besteiro.

Exit mobile version