Site icon Crónica3.com A Mariña

Billarda e festa rachada na carballeira de Mosteiro

DSC0679415 de abril de 2015.- X Xornada da LNB NorLeste 2014/2015: “A Ceo aberto”, I Aberto de Billarda de Mosteiro (Pol). Foi o sábado 11 de abril. A xente que pasaba a carón da carballeira de Mosteiro, estranábase de ver unha carpa montada que paseniño se iba enchendo de vida. A xente chegaba e deixaba os bártulos aquí e acolá e arrímábanse a barra do pequeño bar para botarlle un grolo. Outros directamente se metían o choio e palán en man comenzaban a probar o estado do terreo.

Uns paisanos que por alí andaban, discurrían deste xeito:
– E lojo, seica adiantaron a festa do emigrante ou?
– Non qu’eu saiba!
– Daquela, toda isa xente…..
– Ahh…, ises son os da billarda.
– Os da billarda?
– Si hom, os da billarda! Ti non oiches falar da LNB?, pois hoxe teñen xornada de liga e veñen xogar a Mosteiro.
– Carapio!! Con tanta xente logo se facía unha malla!

E sin deixar de parolar, sentaron perto da carpa para non perder nin ripia de todo canto acontecía na carballeira.

Deu comezo pois o enfrontamento nunha fermosa e soleada tarde con sesenta palanadores loitando por ser os primeiros en meter a billarda no varal, tarefa non doada por mor da herba, e a grande afluencia de palanadores fixo que nesta ocasión a xornada se prolongase algo mais do normal.

Non se acadou ningún varado e rematou a xornada con tres plenos: Daniel e Franco de “Billardeiros Musicais” e Kiko de “O Cadaval” que se disputarían os tres primeiros postos. Nembargantes so xogaron o desempate os dous mariñans xa que Kiko tivo que se ausentar e quedou por tanto no terceiro posto.

Nas dúas carreiras que se xogaron, Daniel, xa superada a presión dos enfrontamentos directos para chegar a final, non deu opción o seu compañeiro e quedou primeiro do aberto.

En donas, Geni de “Billardeiros Musicais” sigue intratable, xa era matemáticamente campiona e confirmouno mais una vez.

Por equipos os “Billardeiros Musicais” volveron a superar aos seus perseguidores directos “O Cadaval” e recuperan dous dos cinco puntos perdidos na xornada anterior.

Uns artesanais trofeos e maís unas plantas de castaño foron os agasallos para os gañadores, entregados por Manu, representante de A. c. Polka Pol Kultura Aberta e seguidamente festa rachada con actuacións dos propios palanadores, gaitas, pandeiretas, pendeiros, música folk… e petiscos, moitos e variados petiscos que contribuiron a agromar o ambiente festeiro que preside cada aberto da LNB. Billarda sempre e Adiante co Varal!

A vindeira e derradeira enganchada da tempada en Remourelle o 9 de maio, pero antes temos a cita anual para a disputa do “Xerro do Salnés en Xil (Meaño), será o 25 deste mes de abril.

As clasificacións logo da décima xornada quedan así:
Individual: Markytos 89 p., Daniel 85 p., Kiko 75 p., Cortón e Franco 68 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 332 p., O Cadaval 317 p., e Carabullo de Teixo 252 p.
Varados: Markytos 13, Charli 7, Daniel 5, Santi 4, Tonecho 3.

Exit mobile version