Site icon Crónica3.com A Mariña

Boa toma de contacto dos piragüistas do CD San Ciprián coa Liga Galega

O pasado domingo 29 de marzo, a sección de Piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, iniciou a competición oficial da temporada 2015.

Nesta ocasión, os padexeiros Bárbara Gargallo Méndez e Noé Fernández Quelle, desprazáronse ó Embalse de Pontillón de Castro, en Verducido (Pontevedra) para participar na primeira regata pertencente á Liga Galega de Infantís e a primeira regata Galega de Alevíns A.

A padeeira, Bárbara Gargallo Méndez, que participaba na súa primeira competición a nivel autonómico na categoría de Infantil, sobre unha distancia de 3000 metros e con 44 participantes, nesta categoría, logrou finalizar nun meritorio 9º posto cun tempo de 17’31”.

Pola súa banda, o padexeiro masculino Noé Fernández Quelle, tamén sendo a súa primeira competición a nivel galego e na categoría de Alevín A, alcanzou un excelente sétimo posto entre 55 participantes en devandita categoría, sobre unha distancia de 1500 metros finalizando cun tempo de 08’29”.

O Club Deportivo San Ciprián, desprazarase o vindeiro domingo 5 ó Embalse de Castrelo de Miño (Ourense), onde se celebrará a segunda competición Autonómica para estes dous mozos.

Exit mobile version