Site icon Crónica3.com A Mariña

Cachín gaña a proba artística das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz para Mor

A Proba Artística das Segundas Olimpíadas Interparroquiais que se veñen celebrando este mes tivo lugar no pavillón municipal de Alfoz este sábado 25 de abril. As gradas do pavillón estiveron abarrotadas de público cun cheo case ata a bandeira.

As parroquias competiron nesta xornada coas probas artísticas, nas que os veciños, facendo gala dunha orixinalidade, creatividade e sentimento incribles, fixeron as delicias do público (tamén veciños do concello), conseguindo uns máis que merecidos aplausos.

O xurado formado por personalidades mariñás da cultura, como eran Ramón Ares (actor), Jorge Olivera (músico), Noé Recalde (actor e Presidente da Asociación “Conde Santo” de Lourenzá), Paco Piñeiro (escritor, actor e Director Teatral), Paz Rodríguez (actriz e Directora Teatral), Marco Uría (profesor de baile e Presidente da Asociación “Amado Lar” do Valadouro) e Xoán Guerreiro (pintor), decidiu o gañador por unha reducida marxe de votos, proclamándose campioa desta proba artística a parroquia de Mor, cuxo representante, o coñecido actor Cachín, conseguiu 200 puntos nas Olimpíadas para a súa parroquia.

En segundo lugar quedou a parroquia de Lagoa, que sumou 175 puntos. As Olimpíadas, a falta do último día de competición (o vindeiro sábado 2 de maio cos Xogos Populares), continúan lideradas por Lagoa, seguida de Mor, ambas bastante distanciadas do resto das parroquias.

Os estupendos presentadores desta gala artística foron Luís Miguel Yáñez e Claudia Pena.

Exit mobile version