Os interesados poderán participar entregando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ao CCHV, cun importe mínimo de 15 €, na carpa que se instalará na Praza Maior o sábado día 2 de maio.
No reverso do tícket poñeranse os seus datos de contacto e depositaranse nunha urna habilitada para o efecto. O horario será de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.
Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 24 de abril ata o sábado 2 de maio.
Só se poderá participar con tíckets de valor a 15 € ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 15 €).
O sorteo realizarase o luns 4 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ao gañador. En caso de renuncia ao premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Os obxectivos perseguidos con todas as campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por comprar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de todos os comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases do sorteo e toda a información se pode consultar na web www.viveirocentro.com, no perfil de Facebook, Twitter e Tuenti.