Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio asegura que “o PSdeG-PSOE de Foz seguen dispostos a manter as consultas cos veciños sobre a reordenación do tráfico na Avenida da Mariña”

O PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio seguen dispostos a manter as consultas e o consenso cos veciños, comercio da Avda. da Mariña e do resto do pobo aínda que lle preocupe e non lle guste ao equipo de desgoberno do PP de Foz.

Sabemos que lle é moi difícil ao Sr. Alcalde entender as iniciativas democráticas dos socialistas, por iso, non é capaz nin el nin o seu equipo de diferenciar entre a súa PEATONALIZACIÓN e a proposta do Partido Socialista e do seu candidato que consiste en SEMIPEATONALIZACIÓN da Avda. da Mariña.

Pero nós non imos caer no camiño dos insultos e desprezo aos rivais políticos, aínda que motivos sobran, porque iso é moi propio dos que fan as peonalizacións sen consenso cos veciños.

Aos veciños da Avda. da Mariña só os divide quen non sabe gobernar, quen os despreza cun total abandono do pobo nos pasados catro anos, en limpeza e coidado do mesmo, practicando o postureo e dicindo QUERO FOZ, COIDA FOZ, quen non ten equipo capaz de gobernar e quen se dedica a facer o que lle mandan os seus xefes de filas; ademais de enganar o pobo con proxectos como o do Superporto de Foz.

O que é posible que lle suceda a este señor é que non entende que os veciños falen con total liberdade, opinen e consulten; e que para poñerse diante deles hai que ser democrático e ter a capacidade de dialogo necesaria.

Nós, os socialistas de Foz, imos seguir dicindo a verdade aos veciños, dialogando con eles, preocupándonos polos seus problemas e chegando a acordos bos para todos, que dinamicen o pobo de Foz como futuro centro comercial da Mariña.

Recomendámoslle o Sr. Alcalde e o seu equipo de desgoberno que non se poñan nerviosos nin se enfaden porque si forman parte dun partido político que non pode dar, a día de hoxe, moitas leccións de seriedade que pense que tal vez pode ter quen lle aclare que o Partido Socialista de Foz vai seguir facendo o seu traballo pero sempre con respeto os veciños e dialogando con eles.

Recomendámoslle o Sr. Alcalde e ao seu equipo de desgoberno que non se poñan nerviosos nin se enfaden, porque forman parte dun partido político que non pode dar, a día de hoxe, moitas leccións de seriedade; que pense que talvez pode ter quen lle aclare que o Partido Socialista de Foz vai seguir facendo o seu traballo pero sempre con respecto os veciños e dialogando con eles.

Exit mobile version