Site icon Crónica3.com A Mariña

Cando prevalece o personal

Félix Mosquera Bouzamaior.- Na prensa do pasado 19 de febreiro, Orozco da a coñecer que Lara Méndez será a súa Nº-2 na candidatura para as Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio.

Vexo lexítimo que Lara como política teña unhas aspiracións ou puntos de mira máis altos, como pode ser concelleira da Capital da Provincia, ou como certos medios apuntan a presidir a Deputación, se o partido ten o apoio suficiente dos cidadáns nas vindeiras Eleccións Municipais.

Quixera subliñar que se Orozco da a coñecer aos medios que conta con ela para formar parte da súa candidatura esta decisión estaba tomada con anterioridade ó anuncio, e polo tanto coa conformidade das dúas partes.

Para o vindeiro sábado día 11 estamos convocados os militantes a unha Asemblea Xeral Extraordinaria con un único punto na Orde do Día, que consiste na elección da candidatura para as municipais neste concello.

Como militante desta agrupación non podo estar de acordo coa súa forma de proceder polo seguinte:
-Sen dubidar da lexitimidade da súa decisión, o reproche é a falta de ética política por non ter convocado unha asemblea e poñelo en coñecemento da militancia.

-Son coñecedor que non incumpre os estatutos, pero participar, e polo tanto influír como Secretaria Xeral na confección da lista (da que ela nin vai formar parte) tampouco me parece o politicamente correcto.

-Tamén seguiremos descoñecendo hasta cando vai seguir exercendo a Secretaría Xeral desta agrupación, ou se ten pensado seguir compartindo o de concelleira de Lugo coa Secretaría Xeral de Cervo.

Quixera estar enganado pero con estas maneiras de proceder, esta “AGRUPACIÓN” queda nunha situación moi difícil para afrontar as vindeiras Eleccións Municipais, con certas garantías de éxito electoral.

Félix Antón Mosquera Bouzamaior.
San Cibrao.
Militante socialista.

Exit mobile version