Site icon Crónica3.com A Mariña

Carretera da Costa: o pobo é quen máis ordena

Luis Alfonso Sixto Legaspi.-A histórica “Canción de Abril” do Zeca Afonso é unha melodía perfecta para reflexionar e sentirse máis orgulloso, si cabe, da protesta levada onte ao Ministerio de Fomento pedindo solucións e lanzando un aviso á partitocracia municipal.

PARTITOCRACIA é un término que se utiliza para designar o sistema de goberno no cal os actores únicos da política son os grandes partidos de sempre. Funcionan en base á lealdade persoal primando ás persoas obedientes fronte ás que din as cousas claras. De esta maneira nos partidos tradicionais o que non se entrega ao relato da dirección está en peligro de extinción, ou dito de forma máis gráfica, o que se move non sale na foto.

Esta forma de proceder xera situacións contra natura, como é que un Alcalde dun pobo coma Foz teña que facer equilibrismos entre cumplir o seu mandato de representación de todos os focenses, ou defender a imaxe do seu partido no Goberno do Estado para seguir saíndo na foto.

Un gran exemplo son as movilizacións veciñais polo arranxo da Carretera da Costa. As xentes de Foz apretando ao Ministerio para conseguir unha solución de urxencia, e o Alcalde meses calado a ver se Barreiro ou Balseiro lle moven o expediente.

Ese é o problema, que o futuro de Foz non poder estar suxeito ás xestións dun señor de Lugo ou de Cervo que NON NOS REPRESENTA. Foz gobérnase dende Foz de toda a vida.

A maiores permítense o luxo de calificar que o rexistro no Ministerio de Fomento de máis de 900 sinaturas e testimonios de protesta dos usuarios da N642 é “turismo electoral”. Pois non, iso chámase CUMPLIR COA XENTE.

As demandas populares non están sendo encauzadas en Foz, polo momento sabemos que a Carretera da Costa non vai a estar arreglada antes do verán, tal e como asegurou o Alcalde na reunión privada cos técnicos de Fomento. Sabía perfectamente que non o estaría pero os equilibrismos pobo-partido conxúganse faltando á verdade.

Os veciños agrupados en torno a “Foz, Plataforma de Futuro” levan meses de esforzo para reclamar un fin que brota das calles, e non é outro que recuperar a exemplaridade e coherencia da política en Foz fronte aos abusos dos partidos de sempre.

Noutro 25 de abril, o pobo é quen máis ordena.

Luis Alfonso Sixto Legaspi, candidato á alcaldía de “Foz, Plataforma de Futuro”

Exit mobile version