Site icon Crónica3.com A Mariña

CCOO alerta do incremento de accidentes graves e mortais na Mariña

27-4-2015.- Co gallo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde do Traballo, que se conmemora anualmente o 28 de abril, a Unión Comarcal de CCOO da Mariña alerta do incremento dos sinistros laborais graves e mortais nesta bisbarra. Segundo os datos oficiais, os accidentes de traballo con vítimas mortais rexistrados no 2014 incrementáronse de dous a catro, mentres que os graves subiron de trece a dezasete.

Malia que afecta a todos os concellos, CCOO sinala que só tres municipios concentran a metade dos 632 accidentes laborais rexistrados. Á cabeza, un ano máis, Viveiro, con 150 sinistros, e a continuación aparecen Burela (87) e Cervo (82), que xa tiveran esa mesma posición no 2013.

En comparanza co ano 2013, a sinistralidade diminuíu en todos os concellos, agás Cervo, A Pontenova, Trabada e Barreiros. Nestes casos, ademais, os incrementos foron notables: 153,33% máis na Pontenova, 60% máis en Trabada, 27,27 % máis en Barreiros e 22,39% máis en Cervo.

Exit mobile version