Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea de inicio de campaña do BNG-AA Ribadeo

cartel cea ribadeoRibadeo, 21 de abril de 2015.- O BNG-AA convoca ás veciñas e veciños de Ribadeo a compartir uns momentos de lecer á beira dun bo prato que saborear. Falta pouco para que comece a campaña electoral. Serán días intensos nos que intentaremos achegarnos a todos e todas vós para darvos a coñecer as nosas propostas. Serán momentos de intensa relación entre as mulleres e homes da candidatura do BNG ao Concello de Ribadeo e a veciñanza.

Queremos, con esta cea, convidarvos a charlar amigablemente sobre as que serán as nosas propostas máis importantes e infundir o ánimo necesario para chegarmos a todos os recunchos ribadenses.

Depende de nós lograrmos unha afluencia excelente. Convida aos teus achegados a mercar o cartón de invitación en “Pulpeiro Decoración”, no “Tranvía de Lino”, no “Cantón Bar” ou no “Restaurante Voar”.

CEA DE INICIO DE CAMPAÑA.
Sábado 2 de maio, ás 22.00 h.
RESTAURANTE VOAR
PREZO: 18 €

Exit mobile version