O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores ós seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.
Coas charlas pretendense prever as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.
A relatora tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, o papel da familia, as consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou os lugares a onde dirixirse en caso de problemas.
A Asociación ARELA leva 16 anos traballando no desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.