Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo está de celebración o 2 de maio coa festa de exaltación da carne de porco e unha foliada

A A.C. Airiños do Xunco organiza a tradicional “Festa da exaltación da carne de porco”; mentres que a ACR Fervenza de Sargadelos impulsa a “I Foliada de Cervo” que coincidirán na súa celebración o sábado 2 de maio.

Así, Cervo está de festa na Praza do Souto a partir das 12.00 horas cunha master class infantil de pandeireta e canto impartida por Isabel e Raquel Blas Rivas.

Os gaiteiros de Airiños do Xunco ofrecerán unha sesión vermú á unha do mediodía. E, posterioremente, todos os locais de Cervo repartirán tapas de carne de porco en diferentes especialidades.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, haberá clases de iniciación ó baile tradicional e instrumentos tradicionais para dar paso ás 20.00 horas á IX Festa da Exaltación da carne de porco.

Ás 21.30 horas dará comezo a foliada coa participación de: Ao Son do Sor (O Barqueiro), Cantareiras A Arracada. (Burela), Airiños do Xunco (Cervo), A Reboulaxe (San Cibrao) e Ledicia (Burela). Despois das 00.00 horas haberá queimada popular con Nando Blas (Queimador Maior de Galicia).

Os grupos que queiran participar poden enviar un corre electrónico ó enderezo: fervenzadesargadelos@gmail.com ou chamar ós números 630 584 313 ou 620 145 038.

Exit mobile version