Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla-coloquio en Foz sobre Fiare Banca Ética, o sábado 18

FozFoz, 14 de abril de 2015.- Fiare Banca Etica naceu grazas ao impulso de persoas e organizacións que queremos construír unha cooperativa de crédito inspirada nos principios das finanzas éticas. Grazas aos depósitos de aforro financiamos proxectos vinculados á loita contra a exclusión social, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía, o comercio xusto e os valores transformadores. Trátase de poñer en mans da cidadanía o control sobre o bo uso dos seus cartos e no que a intermediación financeira dirixa os seus esforzos cara ás persoas e entidades que traballan en proxectos e actividades que xeran un impacto social positivo e rexeneran a sociedade.

Obxectivo
Dar a coñecer á poboación da comarca da Mariña as liñas de acción e o funcionamento de Fiare Banca Etica, así como a operativa bancaria que ofrece.

Charla-coloquio sobre Fiare Banca Ética
Data e hora: Sábado 18 de abril de 2015, de 18:30h a 20:00h.
Lugar de celebración: Salón de actos da casa da Cultura de Foz
Programa:
– 18:30h: Benvida e presentación do acto
– 18:40h: Preoxección do documenal: Finanzas éticas, o proxecto Fiare
– 19:00h: A necesidade dunhas finanzas éticas e solidarias. Poñente: Xabier Gómez
Santiso (vogal de comunicación do GIT-Galiza Norte).
– 19:15h: A operativa bancaria de Fiare Banca Ética. Poñente: Xabier Bruña
(coordinador do grupo local de Fiare en Lugo).
– 19:30h: Coloquio

Exit mobile version