Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as obras de mellora en camiños ribadenses de Noceda, Vilaframil, Vilaselán, Santalla de Vilausende e Ove

Ribadeo, 24 de abril de 2015. As obras de mellora en camiños de varias parroquias e barrios de Ribadeo, con cargo ao Agader deron comezo este venres. O alcalde, Fernando Suárez, pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

O rexedor explicou que “esta tarde iniciaranse as obras de mellora de camiños en varias parroquias do concello de Ribadeo, a través do Agader. O adxudicatario, neste caso a empresa Isidro Otero, vai facer unha serie de melloras que responden ás demandas que nos teñen feito no seu momento as diferentes asociacións de veciños. De aí que tanto en Noceda, onde se vai aglomerar practicamente o tramo restante da estrada que sube a Noceda e que comunica as parroquias da costa coas do interior; hai un tempo fixérase a primeira parte en aglomerado asfáltico e agora continuamos precisamente porque entendemos que esta vía interparroquial debe ter un tratamento firme dado que é moi transitada non soamente por vehículos dos veciños de Noceda senón tamén polos que queren cruzar das parroquias do interior á costa e viceversa”.

Suárez Barcia dixo que “ademais vamos actuar para a semana que vén en Vilaselán, concretamente no Espín; no Coto, en Vilaframil; no Río da Veiga, en Santalla de Vilaousende; e no Vilar, en Ove. Polo tanto queremos advertir aos veciños destes barrios destas parroquias e pedirlles desculpas, porque seguramente obstaculizaremos eses camiños para reparalos, pero ao fin e ao cabo será unha mellora para todos dentro duns días”.

Estas obras en total supoñen uns 130.000 euros máis uns 17.000 euros de mellora, segundo sinalou o alcalde, o que fai un total de 147.000 euros.

Exit mobile version