Site icon Crónica3.com A Mariña

Conferencia sobre a biodiversidade, do ciclo “Visións do medio ambiente dende Ribadeo” da AVV O Tesón

A AVV O Tesón, dentro do ciclo “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, ten programado para o sábado 18 de abril a conferencia de Óscar Chao Penabad “Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e arredores”. Será ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo.

Óscar Chao é biólogo, cun profundo coñecemento da natureza no entorno de Ribadeo, así como nos aspectos de divulgación das características do noso entorno. As súas fotografías e comentarios a traverso da súas páxinas nas redes sociais (https://www.facebook.com/avesenaturezaenribadeo) son ampliamente seguidas por xente afeizoada ou sinxelamente curiosa dos seres vivos que nos rodean, que aprezan tanto a calidade fotográfica como o minucioso apunte de características, descrición e conxunto de datos sobre a natureza no entorno ribadense.

Exit mobile version