Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Contos de Pablísimo’, este sábado na Biblioteca de Burela

Como remate do ‘Mes do libro’ a delegación de cultura do Concello de Burela a través da Biblioteca Pública, e dentro do programa “Ler Conta Moito” de dinamización das bibliotecas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura ofrécenos o espectáculo “Contiario” da Cía. Os Contos de Pablísimo. Será o vindeiro sábado, 25 ás 17.30 horas no Auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre. A propia Biblioteca Pública Municipal de Burela acolle unha mostra bibliográfica de distintos fondos dedicados ao público infantil que se pode ver en horario de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Exit mobile version