
O domingo 12 de abril o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE organiza a segunda ruta deste ano que se desenvolverá pola Costa da Morte. O roteiro comprende a primeira etapa da denominada “O Camiño dos Faros”, unha ruta de Gran Recorrido (GR) cun total de 200 quilómetros entre Malpica de Bergantiños ata Cabo Fisterra. Neste caso, os sendeiristas de Xove rematarán no Fato de Nariga -un faro-monumento feito polo arquitecto César Portela- pasando polo Cabo San Adrián, fronte ás Illas Sisargas, e por 6 fermosas praias. Os interesados en participar poden inscribirse na piscina municipal ou no teléfono 618 97 61 59 ata o 9 de abril ás 10.00 horas. O prezo é de 17 euros, 15 para os non socios federados, 14 para os socios con seguro deportivo e 12 para os socios federados. Non se inclúe xantar que se realizará por conta propia. A saída está prevista para as 07.30 horas dende o Centro Cívico de Xove.