Site icon Crónica3.com A Mariña

Día do Libro en Alfoz

Alfoz, 21 de abril de 2015.- En Alfoz celébrase o Día do Libro para os máis pequenos o luns 27 de abril ás 15,00 horas, dentro do programa “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia. Estarán na Casa da Cultura os de Sarabela Teatro, nun espectáculo dirixido a nenos de 4 a 12 anos no que haberá música, danza e teatro. Ranpunzel e Grettel Chanetti chegarán en bicicleta con contos express e precisarán da axuda do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E de sobremesa suxestivos petiscos doces, tirados do libro “Contos silenciosos”.

Exit mobile version