Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 28 de abril ó 19 de maio terá lugar en Burela o I Obradoiro para Mulleres ‘Primavera saudable’

Burela, 22 de abril de 2015. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organiza o I Obradoiro para Mulleres Primavera saudable, que dará comezo o vindeiro 28 de abril. O Concello conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Esa xornada, o 28 de abril, haberá un obradoiro de técnicas de relaxación e combatemento do estrés. O 5 de maio terá lugar un taller de autoestima. O 12 de maio haberá un obradoiro de desenvolvemento emocional e o 19 de maio as asistentes gozarán de musicoterapia. Todas estas actividades desenvolveranse de 18 a 19:30 horas na aula de familia da Casa da Cultura.

Todas as mulleres de Burela que queiran participar poden inscribirse no CIM ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09. As prazas son limitadas.

Exit mobile version