Site icon Crónica3.com A Mariña

Dobrete de Ana Vallines na Coruña e Oviñana

A atleta infantil das Escolas Lourenzá Mondoñedo, Ana Vallines, estivo presente en dúas carreiras a pasada fin de semana onde lograba sendas vitorias.

O sábado 28 de marzo participaba na prestixiosa carreira popular Torre de Hércules na Coruña pertencente ó Circuito de Carreiras Populares “Coruña Corre” obtendo un novo trofeo cunha nova vitoria grazas a un tempo de 5:44 a un ritmo de 3:35 cada quilómetro.

E un día despois, o domingo 29 de marzo, participaba no Cross de Oviñana (Asturias) onde se anotaba un novo título por diante de atletas asturianas de gran nivel.

Exit mobile version