Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous nenos de A Mariña, entre os finalistas de “Deseña unha xoia para túa nai”

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015.- O xurado da VI edición de “Deseña unha xoia para túa nai” xa elixiu aos oitenta finalistas que este ano optan ao premio que convoca o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Catro deles son da provincia de Lugo, e dous en concreto de A Mariña: Isabel Leal de Alfoz e Lucía Pernas de Viveiro, de 8 e 12 anos.

Elas , xunto cos outros finalistas, destacaron entre os máis de 8.000 nenos e nenas de toda Galicia que este ano enviaron as súas propostas a “Deseña unha xoia para túa nai”. Nun difícil proceso de decisión, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, a educación, a prensa e o mundo do arte, seleccionou 20 finalistas para cada unha das categorías do concurso (ata catro anos, de 5 a 7, de 8 a 10 e de 10 a 12).

Para esta selección, valorouse a creatividade do autor segundo a súa idade, a súa capacidade para representar a peza no deseño e a viabilidade para executalo.

Dúas xoieirías de A Mariña serán tamén as encargadas de converter os deseños gañadores en xoias reais que se entregarán aos premiados o venres 24 de abril no CGAC. Oscar Rodríguez Joyeros e Piropo Joya, son algúns dos fabricantes que estos días están traballando para transformar os debuxos dos nenos en aneis, colgantes, pendentes ou broches.

Exit mobile version