Site icon Crónica3.com A Mariña

Emilio e Víctor, de Viveiro, proclamáronse vencedores do I Maratón de Tute de Trasbar

Trasbar, 21 de abril de 2015.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de celebrar o I Maratón de tute o sábado 18 de abril no local social e nunha carpa instalada na explanada.

Nesta primeira edición participaron 24 parellas que iniciaron o maratón arredor das 18.00 horas para estenderse ata as 06.30 horas da madrugada do domingo. As parellas iniciaron as partidas na carpa exterior e remataron as finais dentro do local.

Pero non todo foi competición. Arredor das 22.00 horas fíxose unha parada para cear. Ás persoas que participaron no maratón servíuselles unha cea a base de lagostinos á grella, churrasco, chourizo, criollos e patacas fritidas, rematando cun tiramisú e café.

Emilio e Víctor, de Viveiro, fixéronse coa vitoria por diante de Antonio e Adrián, de Sumoas. Na terceira praza remataron Eladio e Manolo, de Trasbar, e na cuarto Álvaro e Zulema, de San Cibrao. Na repesca, o segundo premio obtivérono Herminia e Geni, de Trasbar e o primeiro foi para Toñito e Andrés, de Burela.

Exit mobile version