Pola súa banda, Esperanza González agradeceu a confianza depositada nela e asegurou que traballará como ata de agora “incansablemente” para poder conseguir un futuro mellor e de progreso para Mondoñedo.
Lista electoral
Dixo ademais que a lista electoral coa que concorre a estas eleccións, que será presentada nos vindeiros dias, conta con xente con experiencia e tamén moita xente moza que quere traballar e formar parte do futuro de Mondoñedo.
Na corporación mindoniense dende 2014
Naceu en Tudela (Navarra), 1974. Licenciouse en Periodismo na Facultade de CC da Comunicación da USC (2003). Dende maio de 2014 pasou a formar parte da corporación mindoniense sendo a tenente de Alcalde e concelleira que xestiona a area de servizos. Tamén é a secretaria xeral da Agrupación Socialista mindoniense.