Site icon Crónica3.com A Mariña

Esprit inaugura en Ribadeo a súa quinta tenda en Galicia

Ribadeo, 1 de abril de 2015. Centos de persoas asistiron este mércores á festa de inauguración de Esprit, a segunda cadea de moda máis grande en Europa, que abriu a súa tenda en Ribadeo no nº 15 da rúa Rodríguez Murias.

Segundo os responsables desta firma americana, implantada tamén en Europa e con sé en Alemaña, “a roupa que atopades na nosa tenda é moi funcional, dirixida a todo tipo de cliente. Contamos cunha ampla tallaxe tanto para home como para muller. E caracterizámonos pola rotación do produto, presentando unha colección cada mes”.

A tenda de Ribadeo é a quinta coa que Esprit conta en Galicia. As outras están situadas, en Carballo, Santiago de Compostela e dúas en Lugo. Esprit atópase en período de expansión: “estamos abrindo tendas no noroeste peninsular”.

Os asistentes gozaron da realización dun graffii en directo a cargo de Pablo Lage, que representou a fachada do edificio onde se atopa Esprit; da música con DJ Lelé; da presenza de bloggers; dun photocall e dun aperitivo doce e salgado acompañado de viños.

Exit mobile version