Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres e sábado celébranse en Ribadeo as VIII Xornadas de Abordaxe Integral de Violencia de Xénero no Ámbito Local

Programa Xornadas Violencia Xenero 2015 (2)-page-001Ribadeo, 23 de abril de 2015.- Este venres dan comezo en Ribadeo as VIII Xornadas de Abordaxe Integral de Violencia de Xénero no Ámbito Local, que neste 2015 analizarán as Violencias sociais, mulleres precarias e mulleres á deriva.

O Teatro acollerá a celebración destas xornadas nas que se abordarán cuestións coma: A violencia de xénero nos adolescentes. Plan director para a mellora da seguridade escolar nos centros educativos; Sexting: novos vehículos para a violencia nas relacións de parella das e dos adolescentes; A trata de mulleres en Galicia: da invisibilización á vitimización; Os coidados da vida, a economía invisible; Unha ollada dende o ámbito da saúde; Os medios de comunicación: a violencia simbólica contra as mulleres; e As mulleres e o poder. Violencias en tempos de crise.

A inauguración das xornadas, que teñen lugar o venres e o sábado en Ribadeo, será mañá ás 16:30 horas e correrá a cargo do alcalde, Fernando Suárez, e da concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.

Exit mobile version