Site icon Crónica3.com A Mariña

Estudantes de Bacharelato da Mariña asisten ao seminario “Habilidades para o Éxito” patrocinado por Fundación Alcoa

IMG_8956San Cibrao, 22 de abril de 2015.- Un total de 161 alumnos de Bacharelato dos Institutos de Ensino Superior de San Cibrao (IES Marqués de Sargadelos), Xove (IES Illa de Sarón), Burela (IES Perdouro), Mondoñedo (IES San Rosendo) e Rabade (IES Río Miño), participaron este mércores, 22 de abril, no seminario “Habilidades para o Éxito”, patrocinado por Fundación Alcoa e organizado por Fundación Júnior Achievement, na Casa da Cultura de San Cibrao.

“Habilidades para o Éxito”, é un programa educativo da Fundación Júnior Achievement dirixido a alumnos de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de entre 16 e 20 anos, cuxa finalidade é brindar aos mozos as ferramentas necesarias para a súa inserción no mundo académico e profesional, facendo fincapé na relación entre o seu nivel de formación e o seu futuro emprego, ademais de coñecer as experiencias persoais de profesionais e expertos.
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa de Galicia, Manuel Corredoira, inaugurou a xornada e introducido o programa do seminario aos mozos, xunto con Pilar Verdeal García, xefe Recursos Humanos da planta de Aluminio de Alcoa, e a directora de Fundación Júnior Achievement, Carolina García de la Rasilla.

O seminario contou ademais coa colaboración de profesionais voluntarios, expertos en formación e selección de persoal de grandes empresas e consultores especializados que compartiron cos mozos a súa experiencia e coñecementos en aspectos clave para o acceso ao mercado laboral e o desenvolvemento dunha carreira profesional; como Aquilino Lousa, psicólogo e formador en crecemento persoal da consultoría A&P, que se expuxo o relatorio “Vamos, a coñecernos; Jaime Mosquera, delegado de Zona Lugo e Ourense de Thyssenkrupp, que falou sobre como “Comunicar eficazmente, unha habilidade necesaria para o futuro”, e José Antonio Conde, responsable de contratación e formación de PSA Peugeot-Citroën que centrou a súa exposición ante os mozos asistentes no tema “Que buscan as empresas? E o proceso de selección”.

Pilar Verdeal García, clausurou a xornada cunha exposición sobre as habilidades que precisan as empresas e o compromiso dos empregados.

Acerca de Junior Achievement
Junior Achievement nace en EUA no ano 1919 e é unha das organizacións educativas máis grandes do mundo dedicada a promover os valores emprendedores entre os mozos, así como a preparalos para a súa incorporación o ámbito laboral a través da metodoloxía de “Aprender facendo”.

Creada en España no ano 2001, conta cun plan educativo desenvolvido por pedagogos expertos que se imparten por voluntarios (emprendedores e profesionais) dispostos a contribuír á formación en valores, actitudes e espírito emprendedor dos mozos. Ademais, motivan os estudantes dando unha visión do mundo laboral real, desenvolvendo neles a confianza, creatividade e intelixencia emprendedora e acurtando as distancias entre a escola e o ámbito profesional. Máis información en www.fundacionjaes.org | Twitter: @JASPAIN |Blog: fundacionjas.wordpress.com | Facebook: www.facebook.com/juniorachievement.espana.

Acerca de Fundación Alcoa
Fundación Alcoa é unha das maiores fundacións corporativas dos EUA, con 460 millóns de dólares de recursos propios. Fundada hai 60 anos, Fundación Alcoa investiu máis de 570 millóns de dólares dende 1952.

Fundación Alcoa é unha organización que se sustenta dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. Contribúe a mellorar e fortalecer as oportunidades en educación, asistencia médica, desenvolvemento cultural, medio e calidade de vida dos habitantes das comunidades onde Alcoa está presente.

Exit mobile version