O Concello de Barreiros, a través da Delegación Municipal de Cultura e Xuventude, organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira para o martes 21 de abril. A viaxe é gratuíta e o prezo do xantar e das actividades é de 15 euros por persoa. A inscrición para participar nesta excursión estará aberta ata cubrir prazas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.