A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello de Ourol, parroquia do Sisto.
O lume iniciouse ás 14.50 horas da tarde deste venres e quedou extinguido ás 06.57 horas da madrugada deste sábado. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 33 hectáreas rasas.
Nos labores de extinción traballaron 3 axentes forestais, 7 brigadas, 4 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.