Site icon Crónica3.com A Mariña

Finais Provinciais de Fútbol Sala benxamín e alevín, en Barreiros

finais-barreirosA pasada semana tivo lugar en Barreiros a presentación das Finais Provinciais de Fútbol Sala en categoría benxamín e alevín, organizadas polo Praias de Barreiros C.D.

Julio Rocha e Alfonso Fernández, directivos do Praias de Barreiros, estiveron acompañados na presentación por Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo e por Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros.

As Finais Provinciais de fútbol sala en categoría benxamín e alevín disputaranse o próximo sábado 25 de abril no Pavillón Municipal de Barreiros. As semifinais de ambas categorías terán lugar ó longo da mañá, dende as 10.00 ás 13.00 horas. Pola tarde disputaranse os partidos polo terceiro e cuarto posto e as finais de categoría alevín e benxamin. A entrega de trofeos terá lugar ás 20.30 horas.

Exit mobile version