Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro denuncia os recortes no Centro de Saúde da localidade

Foz, 30 de abril de 2015.- Nos últimos tempos os veciños de Foz vimos vendo os recortes que están sufrindo os servizos sanitarios no noso Centro de Saúde, e somos testigos das incontables mentiras que o noso alcalde ven dicindo en resposta das numerosas queixas veciñais polos trastornos que ditos recortes ocasionan na vida dos nosos veciños.

O candidato de Foz, Plataforma de Futuro á alcaldía, Luis Alfonso Sixto diríxese dende estes medios ó alcalde de Foz para denunciar e solicitarlle que antepoña ós veciños ó seu partido, que defenda os servizos sanitarios dos seus veciños e que poña freno ó desmantelamento encuberto que o Goberno do Partido Popular está a levar a cabo no noso Centro de Saúde.

Dito desmantelamento tivo como consecuencia que pasáramos dunha situación na que tíñamos un servizo con médico de urxencia ata as dez da noite a soamente poder ser atendido polo especialista en consulta de pola tarde e un médico de reforzo un par de veces a semana e só ata as seis da tarde, e todo parece indicar que a partires do 18 de Maio nin eso vamos ter, e haberá que desplazarse polas tardes ó Hospital da Costa.

Por si isto non fora pouco de por si, ademais estanse a reducir os servizos de pediatría como consecuencia de non haber cuberto a redución de xornada solicitada pola pediatra.

Debemos mencionar ademais o feito de que as revisións dos nenos que antes eran anuais agora pasan a ser, para aqueles maiores de catro anos, de cada dous anos.

O Goberno do Partido Popular a pesar da liña roxa que dixo que non pasaría, e de ser un compromiso electoral o de non aplicar recortes nesta materia, está facendo todo o contrario do prometido e está aplicando recortes na sanidade Pública non solo no noso Concello, se non en todo o noso territorio como podemos comprobar tamén no noso Hospital da Costa.

“Dende Foz, Plataforma de Futuro podémolo dicir máis alto pero non máis claro, queremos unha Sanidade Pública digna, e advertímoslle ó Partido Popular que os recortes sanitarios non son moeda de cambio para facer axustes económicos”.

Exit mobile version